domingo, 1 de xaneiro de 2017
Aprende Xan!
Mire
que lle digo, Don Manoel! Que moito lle agradezo os seus bos desexos para o
2016, pero ben sabe que eu son dos que pouco acreditan nesas cousas das
badaladas, e da ledicia a prazo fixo, do vivir para consumir e non do consumir
para vivir, e que a centola sabe mellor cando o dita a ocasión que non porque o
dita a ocasión. Tenme que perdoar que lle amargue a súa onomástica coas estas miñas
teimas, pero ando aínda coa resaca do resultado das últimas votacións, nesta
España do despropósito, na que a xente que non se vende é tan pouca que ata ten
unha lenda, “na miña fame mando eu”, que xa imos para os oito anos nesta crise,
coa xente do común vivindo cada día peor, pero mais de dezaseis millóns desa
mesma xente do común segue a pechar os ollos cada día mais forte, convencidos
de que non hai nada coma a escravitude. E, mire que lle digo, Don Manoel; que cativa é
a tarefa que temos os, coma pouco, seis millóns que estamos pola superación do
capitalismo: tocamos a menos de tres por cabeza!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario