
Eu vou ser coma a toupeira
Que esburaca
Combinando sabedoría e constancia, furamos aos
poucos o subsolo, construíndo teimudos un contra poder revolucionario, ata que,
nun momento dado do proceso histórico, saiamos á superficie para derrubar a
orde capitalista. Si, Don Manoel! Nos, os comunistas. E hoxe que parece que
custa mais declararse comunista que época da clandestinidade, quero contarlle
un sucedido. Unha noite do outono de 1936, camiñaba Pablo Neruda con Delia del
Carril polas rúas de Madrid, desertas polos combates da guerra, cando atopáronse
cunha patrulla de milicianos comunistas. Os milicianos, ao recoñecelos, os guiaron
coas súas lanternas para que puidesen continuar o camiño. Di Neruda daquel
incidente:
“Desde entón para min, na
tempestade do mundo que con aquela escuridade comezase en España, busquei a luz
das patrullas comunistas en toda a vasta terra. O Partido Comunista é esa luz
nas tebras, que vixía, que rectifica, que dirixe e que combate”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario