Mire que lle digo Don Manoel! Que moito falar dos
políticos e da pouca confianza que nos merecen, e do necesaria que é rexeneración
das institucións, cando os mais de nos non facemos o mesmo que eles porque non
tivemos a oportunidade; que no cerne da conciencia popular reside a idea que enganar
ao de á beira é, non só normal, senón que non facelo é antinatural, coma un
mascato que non engulira todo o peixe que poida, ou un raposo que entrara no
poleiro e non quixera levar todas as galiñas. Protestamos acotío, e por todo,
pero cando nos convocan para traballar seriamente por troca-las cousas deseguida
atopamos algunha escusa. Levamos moitos séculos vivindo nun país miserable que
despreza o traballo e o esforzo, onde só sobrevívese grazas á estafa e o engano,
un pais de galopíns aos que non lle interesa mais que a propia fortuna.
E mire que lle digo Don Manoel, que é ben certo que
non habería corruptos sen non houbera corruptores, pero, onde se mira a xente
honrada de verdade, é cando teñen ocasión de raspiñar sen ser perigo de ser descubertos,
e nono fan. E sen vir moito a conto acordeime dunha copla que lle deixo aquí.
Tódolos homes de agora
son un fato de ladróns,
que por comprar ó tabaco
empeñan os pantalóns.
Na miña vida tal vin
na feira dos mentiráns;
unha cadela con pitos,
unha
galiña con cans.
Ningún comentario:
Publicar un comentario