Mire que lle digo Don Manoel! Que eu, coma boa parte
dos esmagados polo golpe de estado do 36, non tiñamos nada que celebrar 20 de
novembro de 1975. Nin abrimos botellas de champaña, nin de sidra que é moito
mais nosa. Ao mais, alguén ergueu a cunca de viño e desexou que houbera un
inferno para que o ditador pagara nel o que non fomos quen de facerlle pagar en
vida. A champaña, Don Manoel, abriuse nas mansións dos podentes celebrando que
a natureza apartara por fin aquel estorbo para que España puidera ter acubillo
de honra nas cadeiras do capital monopolista. E se necesita confirmación do que
lle digo non ten mais que repasar as colas de ata doce horas de espera para
render homenaxe ao ditador. E os hai que aínda preguntan por qué o PCE non deu
daquela a orde de tomar as rúas! Porque, Don Manoel, se na guerra de España Madrid foi capital
da gloria, daquela o foi da vergonza.
E mire que lle digo Don Manoel! Que moitos queren
erradicar os símbolos do franquismo, derrubar as estatuas, trocar os nomes das
rúas, e tirar das igrexas as cruces dos caídos dos vencedores; eu non. Quero
que queden coma testemuña do oprobio para a complicidade da igrexa no
exterminio dos disidentes. E tampouco que retiren as estatuas do sentinela de occidente, que quero que a
xente non esqueza que aínda vivimos nun réxime que é o seu lexítimo herdeiro, cun
rei votado polo único que tiña daquela voz e voto: Paca la Culona. E o quero porque, por moita Lei da Memoria
Histórica que se votara no 2007, as vítimas de la guerra civil y la ditadura
aínda berran con voz silandeira pero que algúns non podemos deixar de ouvir
dende as cunetas.
E máis, isas victimas seguen a ser aldraxadas polo PP que, pola boca do seu portavoce, Rafael Hernado, fíxonos saber que andamos a buscar ós nosos mortos pra cobrar as subvencións!!! Maldita sangue!!!!
ResponderEliminar