Mire que lle digo Don Manoel! Que por moito que os sarracenos chegaran a
Compostela e roubaran as campás da Catedral, os musulmáns decatáronse de
contado que non tiñan na nosa terra moito futuro. Un pobo coma o noso, tan
afeccionado ao porco e o viño, e tan pouco disposto a crer que hai un único camiño
para ir de un lugar a outro, non é o mais acaído coma para tomar coma propia a unha
fe que, entre outras barbaridades, considera á música coma unha ameaza. Sen ir
mais lonxe, ou indo, contoume un fregués desta taberna, que Baldomir I, un que
foi rei da Rus de Kiev, que fixo grandes matanzas na Galiza ucraína e o fixeron
santo, Baldomir I, repito, antes de se bautizar recibiu aos representantes de
varias relixións para escoller entre as diversas ofertas. Dos mahometanos pareceulle
moi ben a oferta de virxes a mancheas na outra vida, e aínda mellor se fora nesta,
porque xa se sabe que mellor paxaro na man que cento voando, pero xa non gustoulle
nin chisco cando lle contaron a exixencia de renunciar á carne de porco e as bebidas alcohólicas.
-
Ai
non, rapaz, non! – contan que dixo Baldomir - Na Rus enteira existe a ledicia
de beber cos amigos, e nos non podemos vivir sen iso!
E mire que lle digo Don Manoel! Que Baldomir falaría da Galiza ucraína pero
é ben certo que a sentenza pódese aplicar á nosa; engadíndolle ao de beber o
necesario cantar!
Dáme un traguiño de viño
que mo pide esta garganta;
verás como canta a rula,
verás
como a rula canta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario