sábado, 7 de xaneiro de 2017
De patrimonios e matrimonios
Mire
que lle digo Don Manoel! Que hoxe eu tamén quero dedicar o meu saúdo a Xisco,
ese amigo seu bendicido por un talento especial para a música e a danza, activo,
bulicioso, positivo, espontáneo, efusivo, entusiasta, comunicativo, cálido,
amable, desprendido, xusto, cortés, confiado, servizal, afectuoso, tenro,
bondadoso, compasivo, considerado, capaz, esmerado, preciso, concienciudo,
serio, non envexoso, calmado, sereno, bondadoso, estable, intelixente,
perceptivo, curioso, imaxinativo, analítico, reflexivo, artístico, perspicaz,
sagaz, enxeñoso, refinado, creativo, sofisticado, ben informado, intelectual,
hábil, versátil, orixinal, profundo e culto. Unha persoa coma ouro en barras,
pero que, mire que lle digo, Don Manoel, está mellor viva que convertida en
patrimonio mundial da humanidade.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario