Mire que lle digo, Don Manoel! Xa van alá unhas
semanas faleille do día no que o Tiniño case que vai parar ao mar coa perna collida
na tralla da rede, e, sen vir moito a conto, faleille do gaiteiro Ubaldo que tocáballe a gaita as sereas
na praia de Praceres de Pontevedra. E non é que un saiba moito de sereas, senón
que un, como as rapaciñas da Guarda, son de moito palique, e din en falar cun tamén
Don Manoel coma vostede, Manoel Lourenzo, que como coñece moi ben a boa vila de
Pontevedra, contoume moi polo miúdo a orixe do relevo do gaiteiro de poboado
mostacho, que adorna a casa da actual rúa do Barón, mesturando con moito tino
as orixes de varios senlleiros liñaxes galegos, sinaladamente os Mariño de
Lobeira, e a presenza de sereas nos seus escudos nobiliarios. E, mire que lle
digo, Don Manoel, que neste día de sosego, a historia de Ubaldo, que comezou a
súa andaina no exército de Pedro “O Cruel”, foi feito prisioneiro dos mouros, aprendeu
con eles o oficio de construtor de instrumentos de vento, e volveu a terra para
montar un obradoiro de gaitas, coas tristes consecuencias que tan
marabillosamente o seu homónimo
describe, pareceume moi acaído.
A historia completa do gaiteiro Ubaldo en:
Ningún comentario:
Publicar un comentario