Mire que lle digo Don Manoel! Que ben sei que,
dende o ano setenta e seis, o edificio do Colexio Rosalía tiña ás súas portas
pechadas, e íase convertido, cada día que pasaba, nun recordatorio da
desmemoria que ten esta cidade adolescente para con a súa historia. Non son
moitos anos, catorce se non levo mal as contas, pero nesa casa viviron Antón
Beiras, o inventor do Vigoscopio,
Antía Cal, pedagoga que foi parte fundamental na educación de moitos vigueses
de sona, e os seus catro fillos, Hixinio, Antía, Bea e Antón. Todos eles
comprometidos coa fala, todos eles comprometidos coa terra. O doutor Beiras foi
o primeiro en presentar unha comunicación científica en galego, os “Ensaios para mellorar os resultados
terapéuticos no Estrabismo” á Academia Médico- Cirúrxica de Vigo en febreiro
de 1958, e a pesares de que na ditadura franquista estaba prohibido falar en galego,
o utilizaron para criar aos fillos. E, mire que lle digo Don Manoel, que no seu
funeral o xesuíta Padre Seixas pronunciou, no 1968, a primeira homilía en
galego que se fixo despois da guerra. Moitos bos e xenerosos para desaparecer sen mais na desmemoria!
Grandes verdades dí o "Mirequelledigo". Sabes Manoel que hai uns anos fíxenlle unha entrevista a Antía Cal co gallo de vir a dar unha charla o IES San Alberto de Noia? A ver se a atopo e fagocha chegar!!! Saúde, camarada!!!
ResponderEliminar