
- Mire Don Xosé, que veño me despedir de vostedes. Que marchamos da contorna, e ben quero agradecerlle todo o que vostede me ensinou e as atencións que a súa dona tivo comigo.
- Non é nada Tiniño; son eu o que estouche agradecido pola túa axuda no taller, e a túa compañía.
- Don Xosé, que eu quería pedirlle unha cousa, desculpará o meu atrevemento!
- Pide rapaz, pide! Que contra o moito pedir está o pouco dar.
- Quería encargarlle unha gaita. Eu agora non teño un can, pero cando gañe cartos hei de vir a recollela e pagar o que vostede me pida.
- Ben está! Que o bo gaiteiro gaita de seu quere. Pero, dime unha cousa! Alá por onde ti es, hai bos construtores de gaitas. Por que queres que cha faga eu?
- Non lle sei dicir, Don Xosé! Pero teño para min que, quen vai construír mellor unha boa gaita que un bo gaiteiro?
Don Xosé non pediulle nada de sinal, coma daquela se facía, e unha gaita
das que vendía por catrocentas pesetas, arranxouna en trescentas para o Tiniño.
Cásate, miña meniña,
cásate cun carpinteiro
pola semana ten bolo,
E o
domingo ten diñeiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario