Mire que lle digo Don Manoel! Que cando o capitán/director da Banda de
Música, soubo que fora o propio Seivane o construtor dunha das dúas gaitas que
afinaban co resto de instrumentos da banda, deulle un mes de permiso para construír
todos os punteiros para o corpo de gaitas. E vostede, que tamén fixo a mili,
ben sabe que ninguén diría que non a un permiso. E, mire que lle digo, Don
Manoel!, que era cousa de ver ao soldado Seivane, choutando polo cuartel ata
que deuse de conta de que igual non tiña na casa as madeiras necesarias para
construír os punteiros, e que entre que ía e viña unha carta coa pregunta e
resposta alá foi boa parte do permiso. Coma diría Xosé “o Pilro”, pasou de
estar alegre coma un cuco a triste coma o malvís das carballeiras, ese que din
que deixou pampo a Ero de Armenteira perante trescentos anos. Ao Seivane a
preocupación duroulle moito menos; ata que o compañeiro que tiña a outra gaita
que tamén afinaba, díxolle que el o sacaría dese apuro, e levouno ao taller Antón
Represas, ao que chamaban “O Marreco”, quen probou a súa gaita e quedou
marabillado.
-
De
verdade rapaz que ti fixeches esta gaita?
-
Tan
certo coma que imos morrer!
-
Pois
imos logo a facer eses punteiros, pero coa condición de que tesme que botar
unha man, que eu teño moito traballo.
Deste xeito o Seivane, aínda que tivo que aprender
a usar o torno de pedal, rematou en poucos días de facer os punteiros
requiridos, no taller do Marreco en Xinzo, e puido marchar a casa de permiso,
outra volta ledo mais desta vez coma unha carricanta, para non enredar mais
paxaros no conto.
Galiza é unha nai
velliña, soñadora:
na voz da gaita rise,
na voz
da gaita chora!
Ningún comentario:
Publicar un comentario