xoves, 2 de febreiro de 2017
Escola de escritores
Mire
que lle digo Don Manoel! Que non digo eu que iso de que me fala, das escolas de
escritores, sexa como unha mosca na sopa, que certo é coma gaita en voda que se
as hai de música e de pintura, por qué non pode haber unha de escribidores? Aínda
que, ben mirado, Don Manoel, para o meu entender sexa como levar auga ó mar,
onde hai moita máis; que non se chega a ser un escritor universal falando do
que se estudou senón do que se viviu; que se Joseph Conrad escribiu mellor que ninguén verbo da vida no mar, non
sería por moito estudar senón porque foi mariñeiro, de mesmo xeito que se Don
Xosé Neira Vilas falou mellor que ninguén da vida dos nenos labregos foi porque
falaba da súa verdade máis íntima, por iso foi quen de contar verdades
universais. E, mire que lle digo, Don Manoel! Que este é o meu cativo homenaxe
a este galego universal.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario