Mire que lle digo Don Manoel! Que hoxe, coma case sempre, procurando unha
cousa atopei outra. Desta tocoulle a quenda a un libro de Pepe Ortega que lle
mercara nunha das primeiras Festas do PCE e que, aínda hoxe non sei moi ben por
qué, non lle pedín que me dedicara. Pepe Ortega foi, ademais de fundador e un
dos membros más importantes do grupo Estampa Popular, unha persoa excepcional,
cordial e comprometida, candidato do PCE por Ciudad Real nas primeiras
eleccións democráticas. Coma todos nos daquela tivo que tragar ferro e fariña e
admitir a prohibición de varias das súas obras “para non ferir susceptibilidades”
na primeira antolóxica que se fixo na súa terra. Farto deste país onde goberne
quen goberne sempre mandan os mesmos, marchou ao auto exilio vivindo en Francia
e Italia ata a súa morte dun cancro de fígado no 1990. E mire que lle digo Don
Manoel! Que mentres o museo do seu pobo natal, Arroba de los Montes, está
pechado por un problema grave de humidades, o do seu pobo de adopción, Bosco,
na provincia italiana de Salerno, onde morreu, está aberto, publicado e
visitado, e o pintor ten unha praza ao seu nome no centro histórico da vila.
Así Ortega deixou dito:
Ningún comentario:
Publicar un comentario